Archivo de febrero de 2011

I XORNADA DA NATUREZA. Salvador Lombao.

Martes, 22 de febrero de 2011


DOMINGO 27 FEBREIRO 2011


O ano 2011 foi declarado pola  O.N.U. como ano internacional dos bosques, o seu obxectivo é concienciar á sociedade da súa importancia así como da necesidade de conservalos.

Os bosques son unhas das principais armas na loita contra o cambio climático pola capacidade de absorción de CO2, ademais de conter o 90% da biodiversidade terrestre coñecida e aproximadamente o 60% das reservas hídricas do planeta.

Dende Vida de Aldea decidimos organizar esta “Xornada de convivencia entorno á natureza” para tratar de  axudar á concienciación  da necesidade de conservación  dos  bosques.

Trátase dunha xornada adicada á plantación de árbores (castiñeiros micorrizados), será de balde, establecéndose como único límite unha árbore por familia participante. Cada árbore quedará identificada, e  poderá ser visitada  libremente así como  recoller os seus froitos (castañas e cogumelos).

Programa

11:00   PRESENTACIÓN DA XORNADA.

11:15   PROXECCIÓN DE VIDEO.

11:45   PLANTACIÓN.

14:00   XANTAR.

16:00   VISITA ÁS PLANTACIÓNS DE CASTIÑEIROS

MICORRIZADOS DE Vida de Aldea.

Será conveniente traer botas, sobre todo se chove.

Prazas limitadas.

INSCRICIÓNS: info@vidadealdea.es

607575937

Enviar nome e número de tlf.

Vida de aldea. San Clodio nº2 – Outeiro de Rei- Lugo